O noso diario
O galego na Fene-Rede
Proxecto
Verán Máis Alá
 
Hoxe estivemos pintando cunchas con témperas, había de moitas clases, cores e tamaños. Contáronnos que gracias ás cunchas podemos saber moitas cousas dos nosos antepasados, costumes, alimentación...
Temos unha monitora que é das Rías Baixas e estivemos comparando os nomes que teñen as especies dependendo da zona. Pintámolas de miles de cores e mañá faremos unha composición, pero aínda teñen que secar.
Xoves 3 de Xullo de 2003
MAGIC COLOURS I
Coñecemos as cores primarias e ensaiamos novas cores. Dámoslle cor á nosa lingua e aos obxectos que nelas podemos nomear... imos máis alá e tamén o facemos en inglés.
Estivemos xogando con mapas, fixemos un crebacabezas co mapa de Galicia e deseñamos os planos das illas que van formar o arquipélago da Marola. Ademais vimos a nosa páxina en Internet e a historia de como @s fenemaixes chegaron á Cova da Marola.