O noso diario
O galego na Fene-Rede
Proxecto
Verán Máis Alá
o xoves das viaxes, xoves 17
unha viaxe por algunhas linguas de Europa levounos a coñecer a diversidade cultural e lingüística e a súa riqueza. A xeito de concurso televisivo aprendimos palabras en catalán, aragonés,....
Contámoslle ao mundo que temos unha lingua propia "The people of Fene speak galego". Descubrimos o noso tesouro, creamos unha postal, pintamos un graffiti...
     
Hoxe falamos da comunicación sincrónica e asincrónica en Internet. A verdade é que ningún de nós sabiamos o que significaban estas dúas palabras, pero é máis fácil do que parece. A primeira implica que estamos nun tempo real, é dicir, como no chat. E a segunda que son mensaxes que se poden ler dentro duns días. Por exemplo o email, as roldas ou os foros.
Foi a primeira vez que entramos nun foro, é como un panel de anuncios onde deixas o teu pensamento pendurado e logo outras persoas opinan sobre o mesmo tema. Primeiro miramos o de Edugaliza onde moitos nen@s falaban sobre o Prestige. Logo nós tamén o fixemos en u-lo. A monitora dí que non son os ordenadores os que están conectados en rede senón as persoas e por iso debemos ter conta de non ferir a sensibilidade das persoas que o vaian ler.
En Edugaliza miramos unha proposta sobre Os soños do mar e decidimos facela. Primeiro falamos dos nosos soños e logo dos que podía ter o mar e debuxámolos con Paint. Despois miramos nunha guía especies de peixes galegos , onde coñeciamos case todos e nos convertimos en Doutores e Doutoras para curar o mar: O Doutor Boi, A Doutora Camarón...pintamos as mediciñas para curar o mar.
Xoves 17 de Xullo de 2003