O noso diario
O galego na Fene-Rede
Proxecto
Verán Máis Alá
Xoves 10 de Xullo de 2003
Luces, cámara e acción, ou das cores e a electricidade.
Eu non sabía que a tinta negra é a mistura de moitas cores distintas. E que cun bolígrafo podería facer electricidade, pero da que non da calambres.
Fixen un arco da vella só cun espello e un pouco de auga, quedoume moi chulo. E os debuxos animados xa non teñen secretos para mín, porque agora son eu quen os fago.
Na Olimpiada dos zapatos fixemos varios deportes como : lanzamentos de lonxitude, canastas, carreiras de equilibrio cun zapato de cabeza, carretillos en parellas para ver quen transportaba máis cantidade, un castelo entre todos moi alto...Un segredo: Algún zapato cremos que aínda está colgado dunha árbore ¿Fará algún paxaro alí o seu niño?.
     
Hoxe rematamos a maqueta do arquipélago da Marola e tamén as cabanas. Decorámolas por dentro e por fóra, incluso lle pintamos bombillas para a instalación eléctrica. Fixemos unha Asociación de Veciños e falamos nunha asamblea de que cousas necesitamos para vivir no noso barrio das illas.