O noso diario
O galego na Fene-Rede
Proxecto
Verán Máis Alá
Venres 4 de Xullo de 2003
Un ordeador é moito máis que unha pantalla e un teclado. Hoxe operamos un con desparafusadores. Falamos e comentamos fotos sobre as aplicacións informáticas que podemos atopar en distintos ámbitos: nas nosas casas, nas fábricas, nos medios de transporte...
Empezamos a decorar a caixa dun ordenador con obras galegas, podemos escoller a que queiramos e a monitora cóntanos quen a pintou, a época..., e podémolas ver en cor no noso super banco de láminas que temos neste recuncho.
Puxémoslle un nome ao noso ordenador buscándoos nun libro de nomes galegos e fixémoslle o DNI ao rato, a monitora tróuxonos libros de moitos lugares de Galicia con fotografías impresionantes para que buscaramos topónimos.
@s fenemaixes viven na Cova da Marola, puidémolo ver na páxina web, tamén houbo un tempo en que os Humanos viviamos en covas.
Nós debuxamos os planos das nosas casas, fixemos cabanas con caixas de cartón e decorámolas ao noso gusto, algunha ata tiña tellado e todo.