O noso diario
O galego na Fene-Rede
Proxecto
Verán Máis Alá
Aquí, aló e acolá, ou da cidade, do mundo e do universo.
Eu pensaba que o dos mapas era unha cousa ben sinxela, pero agora sei que non. Hai moitos tipos, pero xa sei como son as características de cada un. E tamén son un experto astrónomo, coñezo o sistema solar coma o meu barrio.
Onte xa vos contamos como nos convertiramos en doutores e doutoras do mar. Hoxe puxemos o disfraz de carteiros e carteiras, e fumos recoller as cartas e postais do mar. Son mensaxes que pintamos con plastilina. Ao principio sorprendeunos esta técnica pero disfrutamos moito mesturando cores sobre un soporte plano, pensamentos do mar que van moldeados dentro de sobres con enderezos de moitas caixas de correo de Fene.
¿Sabedes que?. Estamos pintando unha serpe de corda que mide exactamente 100 metros!.
Tivemos unha sorpresa, visitounos da Galaxia AEIOU un mago. Dín que tódolos espectáculos teñen truco. Pero ninguén foi quén de poder decatarse dalgún. Foi maxia de verdade, da que non se agachan panos de cores nas mangas, nen hai cartas con máis de dúas caras…Foi un intre cheo de encanto.
 
Venres 18 de Xullo de 2003
Construir un medio de transporte que non contamine o medio ambiente foi unha tarefa difícil. Para isto inventamos coches que funcionan con auga salgada, con vento, con area… Tamén falamos das pontes.
O monitor trouxonos fotos de moitas pontes de Galicia, como a de Rande… e comentamos o que significou para a nosa comarca a ponte das Pías. Fixemos as nosas maquetas, algún día quizais as poidamos facer a tamaño natural.