O noso diario
O galego na Fene-Rede
Proxecto
Verán Máis Alá
Inventamos as nosas propias Fenemaixes e pintámolas en grande como se estivesen falando nunha banda deseñada. Tódolos seus nomes empezan por Xa, Xe, Xi, Xo, e Xu.
O terceiro dereita, ou o mundo das 3 dimensións.
Andivemos a facer figuras xeométricas en tres dimensións con palillos e plastilina, e tamén fixemos cubos e pirámides coas palliñas coas que bebo os zumes. E coas pompas de xabón fun quen de poñerlle as caras.
Tamén xoguei cunha cinta de papel máxica, a banda de Möbius.
     
Eu vexo a lingua que voa:
Collimos globos, soplamos , fumos ao parque, á praia, aos centros comerciais e xogamos con globos en galego, sobre os espacios abertos á utilización duna lingua moderna e de futuro que estamos a alimentar, aquí con globos de cores e xogos de maxia , con dados xigantes e visitas desde a galaxia.
Desde a galaxia chegan os carnés da lingua , xa somos amigos e amigas da lingua, estamos dentro dun proceso, e nós somos os e as protagonistas.
Venres11 de Xullo de 2003
¿Sabedes que miramos bocetos de artistas como Picasso, Miró...? . E logo esbozamos os nosos. A monitora di que son tan importantes como a propia obra porque é onde se sinte a incertidume das formas.