


O eixe referencial de toda acción educativa é a formación do individuo para que a súa integración na sociedade sexa desenvolta dun xeito crítico, activo e transformador. Nesta práctica educativa e concretamente no Verán Máis Alá, estamos tod@s implicad@s: pais e nais, concello, monitorado, rapaces e rapazas e a propia sociedade, que cada día acolle proxectos alternativos e aposta por eles. Tod@s somos responsables do hoxe.
Imos aprender do verán
coas mans, cos ollos, coas orellas, cos pés e coa lingua. Unha lingua
para medrar soñando.
Aprendemos gozando con debuxos de cores, con palabras novas, con reviravoltas
no aire, con música e ruídos, coas imaxes que veñen do
pasado e do futuro.
Imos aprender explorando camiños novos, abrindo portas invisibles,
acompañando as árbores e falando co vento.
Imos aprender e desaprender unhas cousas e outras.
Aprenderemos da lingua das bolboretas, do nariz do pallaso, do silencio e do
que aínda non soñamos.
¡Está aquí!
É o Verán Máis alá.
¡Imos de viaxe!
¡Ven con nós!
Este é o noso álbum, aprendendo e xogando en galego, co nome
d@ fenemaixe que inventamos, coa pegada da nosa man e cunha obra de arte coa
que nos identificamos.
Encantad@s de coñerte.