


|
Mércores
2 de Xullo de 2003
|
|
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
Todo
nos sonaba a un "inglés moi raro" cando liamos os xornais
en alto, ao final é que estaban redactados en euskera, catalán,
asturiano, castelán, francés, holandés...Foi moi
divertido. @s fenemaixes teñen un xornal, o AEIOU, e nos tiñamos
que adiviñar se o que contaban sobre a evolución da prensa
en Galicia era certo, case tod@s cantamos BINGO!!!.
|
|
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
1+1=3,
ou das cousas que non poden ser.
Hoxe vin cousas que non podían ser, como cadrados e ananos que aparecían e desaparecían. Ou nós nunha corda atada ás mans. ¡Parecía cousa de maxia... pero só eran matemáticas! |
|
![]() |
![]() |
|
Algúns e algunhas xa nos coñeciamos
porque xa coincidiramos noutras actividades ou imos ao mesmo cole pero
a todo o mundo nos gusta ser recoñecido polo noso nome e así
sentirnos integrados e integradas no grupo. E non resulta tan difícil
aprender os nomes de todas as persoas que estamos a participar neste
outro verán mentres xogamos.
|
|
![]() |
|
|
Cada
un de nós foi o xornalista da sección
dun xornal ( ¿paraugas ou sombrilla?, empates, o chisteiro,
o que din as estrelas....), e escribimos novas sobre o Prestige con
debuxos de nenos e nenas doutros lugares de Galicia.
|
|