O noso diario
O galego na Fene-Rede
Proxecto
Verán Máis Alá
Xogos de nenos, xogos de nenas... Nunca pensei que me divertiría tanto xogando a saltar á corda. Vai ser que os xogos son sempre xogos.
     
Inventar é a nosa especialidade, así que hoxe construimos a Tele-Fene. Ademáis disto fabricamos unhas teles con caixas de cartón nas que nos podiamos meter dentro e ser presentadores, actores, actrices, publicistas...para isto tivemos un recuncho de maquillaxe no que cada un /ha se convertiu na personaxe que decidiu. Mentres @s técnic@s están traballando para facer unha programación.
Mércores 16 de Xullo de 2003
Estivemos nunha discoteca onde nós eramos os dj e pinchabamos os Cds. Escoitamos rock en galego de grupos como Os diplomáticos, Xenreira..., o folc de Uxía , que non é a monitora, Fuxan os ventos, Luar na Lubre ...e logo tamén cancións en portugués: Zeca.. A maioría deles non os coñeciamos e realmente parecen uns grupos "moi enrollados".
@s fenemaixes tiveron que estar moi atent@s a unha canción para cazar cinco palabras.
Despois fixemos unha composición con fotos de manifestacións do Prestige e partituras porque en moitas das cancións se fala do mar. Fotos que primeiro comentamos e que o monitor nos explicou onde foran, como se fixeran...Decidimos que queriamos compoñer unha canción así que cada un de nós tiña que escribir unha frase que empezara por unha consoante distinta e rematara dun xeito rimado e consensuado co resto do grupo.