



Cando @s fenenemaixes chegaron a Fene preguntaron : ¿ONDE ESTÁ A ILLA MAROLA? porque na súa viaxe ó noso país viñeron escoitando unha canción que dicía.
No seu labor de investigación descubriron que a Marola é un farallón situado fronte á costa das vilas de Mera e Dexo. No mar da Marola conflúen correntes oceánicas e de ría, de modo que se converte nun paso difícil para a navegación. Alí recibían o primeiro golpe de mar @s galeg@s que marchaban cara América. Para os pesqueiros que regresan do Gran Sol significa, en cambio a volta á casa. Aínda que non se sabe de grandes naufraxios, si que houbo moitos sustos e algúns accidentes de pequenas embarcacións. @s mariñeir@s contáronlles @s fenemaixes que é tal a dificultade da navegación neste punto que mesmo hai un dito para o paso; "Quen pasou a Marola, pasou a mar toda"
Cando o camiño da Coruña a Ferrol era moi dificultoso por estrada, moita xente prefería utilizar as dornas para facer o traxecto por mar. Había unha barcaza que se chamaba "Chelito" e realizaba o traxecto A Coruña - Mera. En non poucas ocasións loitou con este mar, unhas veces embravecido e outras veces, fermoso e en calma.
