


|
Hai uns meses nunha galaxia afastada |
a poboación, preocupada pola situación lingüística do planeta terra |
decidiu en asemblea enviar a cinco voluntari@s a loitar polo futuro das diferentes linguas |
|
A primeira voluntaria foi Xamé Mexá, unha rapaza do Planeta de Bla, na Galaxia de Aeiou, que participaba nas actividades de modernización das linguas dos diferentes planetas en actividades de tempo libre. |
O segundo dos voluntarios foi Xepú Puxé, un cativo membro da asociación ecoloxista intergaláctica universal, que tiña participado na invención de novas especies de árbores na Selva dos Arames, aló na Galaxia de Aeiou. |
O terceiro dos voluntarios foi Ximó Moxí, un rapaciño que tocaba nun grupo que modernizaba os sons do pasado das diferentes culturas da galaxia |
|
|
E a quinta das voluntarias foi Xuquí Quixú, coñecida por ter participado na liberación das mulleres de On aló no planeta máis lonxano da galaxia, onde se rematara por fin coa discriminación. |
e ao día seguinte xuntáronse na plataforma das viaxes para a súa partida. |
|
As voluntarias e os voluntarios recibiron o apoio de todas as persoas da galaxia para ir coñecer as linguas ao planeta Terra,
|
Xamé Mexá
caeu no continente americano e viu alí moitas linguas que estaban
en perigo, o español en Porto Rico, o francés no Quebec.
|
|
|
Nas súas cartas de viaxe todas as personaxes tiñan marcado un día e unha hora para atoparse e comezar o seu traballo. E así o día 1 de Xullo deste ano unha grande onda chegou á illa da Marola, |
preto das nosas costas, e dela saíron desde o fondo do mar todos os nosos amigos e amigas da Galaxia de Aeiou. Viñan par levar adiante a súa primeira misión: Botarlle unha man á lingua galega. E aquí están hoxe con vós para que colaboredes con eles e elas nesta aventura. |
No manual de instruccións da misión estaba toda a información necesaria. Chegaron a Galicia e a lingua que comezaron a aprender é a nosa. Se queredes falar con eles e elas xa sabedes, veñen botarlle unha man ao galego, e vós podédeslles axudar. |
|
|
||