Somos
fill@s da Cultura Visual asentada na posmodernidade da nosa sociedade. Nesta
parede da nosa cova queremos deixar as pegadas de moitas das produccións
que fixemos nos distintos recunchos. Son chiscos que buscan a túa
complicidade. O significado da obra non remata na pasividade d@ espectador/a,
así que ponlle ti mesm@ un título, inventa unha historia...As
nosas obras moldéanse coa túa interactividade. Imaxina como foi
o proceso, a nosa estimulación multisensorial, os bosquexos, a mestura
de cores...Chiscos visuais é unha galería na que non só
nos expresamos nunha vertente productiva, a esta súmase unha perspectiva
perceptiva, crítica, reflexiva e contemporánea. A Cultura Visual
fala con cores na nosa lingua, en Galego.