


| Martes 1 de xullo | Mércores 2 de xullo | Xoves 3 de xullo | Venres 4 de xullo |
| Luns 7 de xullo | Martes 8 de xullo | Mércores 9 de xullo | Xoves 10 de xullo |
| Venres 11 de xullo | |||
| Venres 18 de xullo | Luns 21 de xullo | Martes 22 de xullo |
Martes 1 O eco dunha cova asubía unha historia sen escribir. Mércores 2 O teclado d@s xornalistas espera novas para contarvos Xoves 3 pescando nun mar de cores cunchas, guiad@s polos mapas que @s trouxeron a un Verán Máis Alá. Venres 4 A cidade empeza a medrar con cabanas Luns 7 e as cores fálannos cando estamos navegando pola rede, Martes 8 na publicidade, nos soños, nos códigos sen descifrar. Mércores 9 A cova está nun mar de cores, no arquipélago da Marola. Xoves 10 A olimpíada dos zapatos foi un acontecemento eléctrico na illa. Venres 11 @s fenemaixes recibiron hoxe aos/ás seus/súas familiares que viñan en globos desde un ceo cheo de mensaxes. Luns 14 A orquestra dos teclados deixaba pegadas que logo estivemos analizando como detectives. Martes 15 Os paraugas anunciaron que non iamos de excursión, pero convertemos o pavillón nun itinerario de xogos improvisados que foron moi divertidos. Mércores 16 Destas novas e das que virán estaremos informad@s a través de Tele-Fene. A nova do día foi a discoteca do segundo andar, onde estivemos poñendo música e compoñendo as nosas propias cancións. Xoves17 Un equipo de doutores e doutoras visitounos para inventar a medicina que cure o mar Venres 18 e un grupo de carteir@s, en distintos medios de transporte, tróuxonos cartas nas que o mar nos falaba de todo o que sente. Luns 21 Tele-Fene segue a súa emisión, os zapatos convertéronse en invernadoiros nos que xa podemos predicir como vai ir medrando a semente despois de navegar pola rede e interactuar con imaxes que describen un proceso similar ao que podemos imaxinar. Martes 22 Un brinde polo Verán Máis Alá